Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual
Author:
Santos-Pita, Manuela del Pilar; Millán Vázquez-Torre, Genoveva
; Rodríguez Vila-García, Beatriz
ISSN:
2173-9811Date:
2011Abstract:
O xénero e a discapacidade veñen interactuar de tal maneira que provocan a aparición de barreiras dificilmente franqueables. As mulleres discapacitadas atópanse nunha situación de desvantaxe a respecto dos homes e as persoas sen discapacidade. O sexo e a discapacidade preséntanse como elementos de desigualdade e discriminación social. Faise preciso, pois, derrubar os conceptos desfasados arredor destas difíciles situacións, e establecer políticas transversais acompañadas de medidas integradoras, que non sexan sobreprotectoras, para o cal se ha de traballar na información e formación das propias mulleres e as súas familias. De entre todas as barreiras –físicas, arquitectónicas, de comunicación...– son quizais as actitudinais as que máis directamente afectan ás mulleres discapacitadas, o que leva consigo unha maior invisibilidade e sobreprotección. Porén, a discapacidade non debe ser asumida desde a vulnerabilidade, senón desde a necesidade de formular unha nova orde a través da posibilidade de participar de forma activa na toma decisións. No noso estudo tratamos de abordar a situación e o seu tratamento nas actuais políticas europea e española de loita contra a discriminación social, cunha especial énfase nos problemas que comporta a incorporación da muller discapacitada ao mercado laboral, en que a precariedade debe ser eliminada progresivamente cunha adecuación específica dos diversos programas de capacitación con medidas de acompañamento. Na Comunidade Autónoma galega están a levarse a cabo, ao abeiro da Lei 7/2004, de 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes unha serie de incentivos á contratación de traballadoras con discapacidade, así como de fomento da promoción do emprego autónomo de persoas con discapacidade, o que significa un intento claro por parte da Administración de promover a plena integración deste colectivo. Desde o Observatorio Estatal da Discapacidade (OED) trátanse mensualmente os datos publicados polo Servizo Público de Emprego Estatal sobre novos contratos realizados a persoas con discapacidade en España. Desta análise pode extraerse que ao finalizar o segundo cuadrimestre de 2011, o acumulado de contratacións a persoas con discapacidade é de 42 178 contratos, fronte aos 39 471 que se realizaron nese mesmo período do 2010. Estes datos rexistrados supoñen un 6,9% de incremento en relación cos datos de contratación deste colectivo ao finalizar o segundo cuadrimestre do ano 2010.

Collections
Files in this item