Show simple item record

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

dc.contributor.authorSantos-Pita, Manuela del Pilar
dc.contributor.authorMillán Vázquez-Torre, Genoveva 
dc.contributor.authorRodríguez Vila-García, Beatriz
dc.date.accessioned2019-02-04T15:20:58Z
dc.date.available2019-02-04T15:20:58Z
dc.date.issued2011
dc.identifier.issn2173-9811
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/20.500.12412/1747
dc.description.abstractO xénero e a discapacidade veñen interactuar de tal maneira que provocan a aparición de barreiras dificilmente franqueables. As mulleres discapacitadas atópanse nunha situación de desvantaxe a respecto dos homes e as persoas sen discapacidade. O sexo e a discapacidade preséntanse como elementos de desigualdade e discriminación social. Faise preciso, pois, derrubar os conceptos desfasados arredor destas difíciles situacións, e establecer políticas transversais acompañadas de medidas integradoras, que non sexan sobreprotectoras, para o cal se ha de traballar na información e formación das propias mulleres e as súas familias. De entre todas as barreiras –físicas, arquitectónicas, de comunicación...– son quizais as actitudinais as que máis directamente afectan ás mulleres discapacitadas, o que leva consigo unha maior invisibilidade e sobreprotección. Porén, a discapacidade non debe ser asumida desde a vulnerabilidade, senón desde a necesidade de formular unha nova orde a través da posibilidade de participar de forma activa na toma decisións. No noso estudo tratamos de abordar a situación e o seu tratamento nas actuais políticas europea e española de loita contra a discriminación social, cunha especial énfase nos problemas que comporta a incorporación da muller discapacitada ao mercado laboral, en que a precariedade debe ser eliminada progresivamente cunha adecuación específica dos diversos programas de capacitación con medidas de acompañamento. Na Comunidade Autónoma galega están a levarse a cabo, ao abeiro da Lei 7/2004, de 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes unha serie de incentivos á contratación de traballadoras con discapacidade, así como de fomento da promoción do emprego autónomo de persoas con discapacidade, o que significa un intento claro por parte da Administración de promover a plena integración deste colectivo. Desde o Observatorio Estatal da Discapacidade (OED) trátanse mensualmente os datos publicados polo Servizo Público de Emprego Estatal sobre novos contratos realizados a persoas con discapacidade en España. Desta análise pode extraerse que ao finalizar o segundo cuadrimestre de 2011, o acumulado de contratacións a persoas con discapacidade é de 42 178 contratos, fronte aos 39 471 que se realizaron nese mesmo período do 2010. Estes datos rexistrados supoñen un 6,9% de incremento en relación cos datos de contratación deste colectivo ao finalizar o segundo cuadrimestre do ano 2010.
dc.language.isospaes
dc.rightsAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/
dc.titleXénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actuales
dc.typearticlees
dc.journal.titleAnuario da Facultade de Ciencias do Traballoes
dc.page.initial313es
dc.page.final331es
dc.rights.accessRightsopenAccesses
dc.subject.keywordDiscapacidade
dc.subject.keywordDiscriminación
dc.subject.keywordIgualdade
dc.subject.keywordDereito
dc.subject.keywordMuller
dc.volume.number2es


Files in this item

This item appears in the following Collection(s)

Show simple item record

Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional
Except where otherwise noted, this item's license is described as Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional